descoberta “brutal”

June 26, 2009

                                                      na imposibilidade do dicir

a sofrer unha e outra vez a mordedura do mosquito heideggeriano

presente, pasado e futuro: un bombardeamento de lugares comúns

–non, non eran lugares comúns, eran disfraces comúns,

como habitar unha esfera desde o centro.

crónica da derrota das nacións, de vivir á intemperie na procura

        do contrasinal secreto para acceder ao exterior, vertendo

        oxíxeno e analxésicos incansabelmente sobre a morea de

        cabezas pensantes,

pensas que non me cansa?

–non, non fago ilosofía, non fago máis que transformarme,

        obviamente sei ditinguir o ininito na sombra dos

        superherois, torneime tola no teatro aquela vez que

        representaba a Penélope, mazás enormes mordidas

        por dentes enormes, non esquezas que cada vez que te

        enfrentes ao montro e cortes un dos seus apéndices,

        este multiplicarase por dous e así será sempre que tentes

        encontrar unha saída ao teu desequilibrio

–por iso sempre son eu quen entra, quen dá a benvida, quen

        se vai, quen ica atrás da porta e proxeta unha sombra

        aterradora?

cantas veces a beleza foi expulsada do mundo, eu etaba alá,

convertendo en pedra aqueles a quen amaba

lucidez lucidez

acudide todos que se queima a Casa!

no exterior, os corpos a saíren das árbores, dos penedos como

        querendo voltar á nai

se é que temos que voltar

ou somos froito da emanación dalgún deus               –Solaris:

        brinquedos non quero, quero escisións

e materialización da miña vontade

nalgún eu

acabamento:

facer o amor con todos os pretendentes

situacionismo:

–para serche sincera a miña corrente ilosóica preferida sempre

        foi a das viaxes ao inferno

–e se a cuetión fose como subtraer a linguaxe do mundo e non

        como levala a el?

–daquela, todos os meus anos de aprendizaxe na torre do

         vixía…

–e antes de te decatares, xa etás obrigada ao exilio perpetuo

         porque o teu nome representa a aniquilación total do

         poder, da metáfora entendida como poder, do poder

         entendido como vida, do suxeito entendido como

         receptáculo dese poder sen ter dereito (léase vinganza) ao

         seu exercicio

procuro unha respota deinitiva á violencia exercida pola

         palabra, un corpo exento de luz, de raíces,

un habitáculo contra a eletricidade, unha intelixencia

         desprovida de memoria

–que ese eras ti, non me fagas rir!

velaquí o meu drama:

coñezo todos os camiños para chegar á verdade mais ningún

         para saír dela

–e quen esperas ser abtraendo o teu corpo de calquera ollar?

–a quen procurarás daquela cando desaparezas por completo?

mentres traducía o xeroglíico que me ofereciches o día do meu

         aniversario

o bosque fechouse tras de min,

con todos os outros subtantivos

e foi alí onde contruín a miña casa

onde o vixía xa non ten escondedoiros, onde todo son ollos,

e, ao redor, suxeito

a min,

o suxeito, é el, non eu,

é a velocidade do metal líquido,

a beleza das metralladoras, un paso a frente e mais a caída,

sempre pintas espetros tan perfetos que consegues inverter o

        meu medo,

ruínas

ou ela, nas gadoupas do amante, ferro quente, metal pesado,

         sen expetativas,

non son para ti, son para a périda linguaxe

son o ferro, a animalia, os vidros, o sangue, o detino, tanto me

        ten parir unha beta ou un produto comprado nos saldos,

        madía levas ti,

nas grandes supericies pouco profundas:

NON SE PRECISA DE EXPERIENCIA

merda, é o único que teño!

fóra de aí, a apelación á segunda persoa, tanto me ten,

         hotilidade e perfección a partes iguais, eu ico coa metade

         e coa outra, faite carne, mais a min non me chames, non

         me poñas voz nin lingua nin localización nin acabamento

porque a min

ningunha metáfora

me desloca

Máquina de Guerra, Raida Rodríguez Mosquera (Ourense, 1980), estaleiro editora, 2009 (pp. 41 - 44).

O livro completo AQUI.

Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://apedra.blogsome.com/2009/06/26/descoberta/trackback/

sem pedradas.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.












Blogues: Outros sítios: Search: